domingo, 18 de junio de 2017

DESPEDIDA

E como quen non quere a cousa, rematou este curso! 
Quero darvos as grazas porque vos non o sabedes, pero para mí sodes moi especiais; dende que cheguei ao cole fago un traballo precioso, pero que me alonxa un pouco do traballo na aula, cousa que me gusta e non sabedes como... Este ano tiven a oportunidade, e aínda que nalgúns momentos foi duro, non podía deixalo escapar.

Probablemente esta situación non se repita en moitos anos, porque teño que dedicarme por completo ao meu traballo bonito na orientación. 

Neste ano pasaron moitas cousas: choramos, enfadámonos, pero sobre todo pasámolo ben e rímonos moito, Espero que ademais diso vos servira para aprender moitas cousas. Esa era a miña intención e se algún de vós non o sentiu así, pídolle desculpas de corazón.

Repítovos que non sabedes o importantes que sodes para min; o moito que vou chorar cando vos teña que despedir en sexto cando vaiades ao instituto, porque non o dubidedes, ese día vou a estar para acompañarvos. 

Sodes para sempre, os meus alumnos de Tarrío: os primeiros, e os mellores.
Seguide sempre así porque as cousas boas nunca teñen que cambiar.
Espero que disfrutedes moito nas vacacións e espero un pedazo de abrazo en setembro. Eu dende logo estareivos esperando.
Bicos de querer mil
Almu

TEMA NATURAIS: AS MÁQUINAS

O mesmo co tema das máquinas, e remata este curso.
TEMA NATURAIS: AS MÁQUINAS

TEMA SOCIAIS: AS PEGADAS DO TEMPO

Un pouco tarde, pero vos deixo os últimos temas do curso. Neste caso o tema da Historia, que espero que vos guste.
TEMA SOCIAIS: AS PEGADAS DO TEMPO